INFORMACIÓN TÉCNICA





INFORMACIÓN TÉCNICA DA RUTA:

A ruta é circular e segue o sentido contrario ás agullas do reloxo. Ten unha lonxitude total de 17,7 quilómetros e realízase, a un paso normal, nun tempo aproximado de seis horas. A cota mínima da ruta é de 681 metros e a máxima de 1.161 metros.


En tempada de fortes choivas hai risco de riada no Río de Niñodaguia. Se non é factible cruzar polo seu leito, pode rodear ese punto usando un pequeno percorrido alternativo pola “Variante de San Pedro”. Esta variante da ruta tamén está sinalizada. Ten unha lonxitude total de 19,1 quilómetros e realízase, a un paso normal, nun tempo aproximado de seis horas e media. A cota mínima da ruta é de 653 metros e a máxima de 1.161 metros.
Na ruta atopará camiños e pistas de terra, así como algúns tramos asfaltados onde terá que respectar as normas de circulación como peón.
Esta ruta tamén é accesible para bicicleta de montaña e de a cabalo, salvo os primeiros 160 metros que pasan por un carreiro urbano moi estreito. Para salvalo, pódese usar o tramo final de baixada da ruta que discorre case en paralelo polas rúas de Xunqueira de Espadanedo. Recoméndase o uso de casco a ciclistas e xinetes. Non circular a velocidade excesiva.
A ruta discorre por un mosaico de paisaxes forestais e agrarias. Desde prados, soutos de castiñeiros, carballeiras, bidueirais, ata piñeirais con acivros, cancereixos e sotobosque de arandeiras. Pódense ver tamén diversas especies de cogomelos.
A ruta discorre polas follas do plano 1:50.000 do IGN números188 e 226.
O consumo de batería dun teléfono con función GPS pode esgotar a batería antes de rematar a ruta.
Despois dunha nevarada consulte no Concello de Xunqueira de Espadanedo se hai tramos cubertos de neve.




INFORMACIÓN TÉCNICA DE LA RUTA:

La ruta es circular y sigue el sentido contrario a las agujas del reloj. Tiene una longitud total de 17,7 kilómetros y se realiza , a un paso normal, en un tiempo aproximado de seis horas. La cota mínima de la ruta es de 681 metros y la máxima de 1.161 metros.
En temporada de fuertes lluvias hay riesgo de riada del Río de Niñodaguia. Si no puede cruzar por su cauce, puede rodear ese punto usando un pequeño recorrido alternativo por la “Variante de San Pedro”. Esta variante de la ruta también está señalizada. Tiene una longitud total de 19,1 kilómetros y se realiza, a un paso normal, en un tiempo aproximado de seis horas y media. La cota mínima de la ruta es de 653 metros y la máxima de 1.161 metros.
En la ruta encontrará caminos y pistas de tierra, así como algunos tramos asfaltados donde tendrá que respetar las normas de circulación como peatón.
Esta ruta también es accesible para bicicleta de montaña y a caballo, salvo los primeros 160 metros que pasan por un sendero urbano muy estrecho. Para salvarlo, se puede usar el tramo final de bajada de la ruta que discurre casi en paralelo por las calles de Xunqueira de Espadanedo. Se recomienda el uso de casco a ciclistas y jinetes. No circular a velocidad excesiva.
La ruta discurre por un mosaico de paisajes forestales y agrarios. Desde prados, “soutos” de castaños, robledales, abedulares, hasta pinares con acebos, serbales de cazadores y sotobosque de arándanos. Se pueden ver también diversas especies de setas.
La ruta discurre por las hojas del plano 1:50.000 del IGN números 188 y 226.
El consumo de batería de un teléfono con función GPS puede agotar la batería antes de terminar la ruta.
Después de una nevada consulte en el Concello de Xunqueira de Espadanedo si hay tramos cubiertos de nieve.